Ir o contido principal
02

Coñezamos algo máis sobre a carne

Coñezamos algo máis sobre a carne :: Gandaría

Gandaría

A gandaría en España, por comunidades

A actividade gandeira do noso país ten unha distribución particular. Nas comunidades autónomas da cornixa cantábrica -Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco- concéntrase máis dun terzo do vacún leiteiro nacional; en Cataluña e Madrid evolucionou a gandaría intensiva, principalmente de aves en Madrid e de porcino en Cataluña, mentres que en Aragón, Castela-A Mancha e Castela e León sitúase o maior censo de gando ovino e bovino orientado basicamente á produción de carne. Estremadura destaca pola cría de porco ibérico. 

A gandaría española no mundo

 Datos recentes da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación -FAO- sitúan a España na oitava posición mundial en produción de gando ovino, no decimoséptimo lugar na cría de vacún e na decimonovena na do sector equino.