12
Derivados cárnicos

Introdución
Os embutidos, xamóns e outros derivados cárnicos constitúen unha das formas máis antigas de procesar a carne. A súa evolución é tan complexa como o é a historia do home. Ao longo dos últimos séculos, a preparación destes produtos alimenticios converteuse nunha respectable e altamente desenvolvida forma de artesanía. A súa elaboración impulsou e permitiu transmitir, de xeración en xeración, unha rica tradición no noso país. En moito casos, as familias imprimían o seu toque particular, contribuíndo co seu gusto e herdanza á obtención de derivados cárnicos de excelente calidade e características singulares.
