07
Descubrir o pracer para comer carne

Introdución
As carnes son en xeral alimentos moi apreciados. Son moitos os padais que prefiren a carne ao peixe. Agrádalles o seu sabor, a súa consistencia e a súa textura, a variedade das súas presentacións - chuletas, lombo, solombo, paletilla, carne picada, rechea-, así como as súas innumerables maneiras de cociñala - guisos, asados, rebozados, recheos, albóndigas-. Tamén hai quen expresan certo rexeitamento a comer carnes porque as atopan secas, insípidas ou descoñecen a variedade de fórmulas para cociñalas. En todos os casos hai solucións para facer que a carne resulte un alimento moito máis apetecible e saboroso.
