Ir o contido principal
01

Verduras e hortalizas da Á a Z:

Venado

Venado :: Receitas

Receitas

Lombo de corzo con salsa de arándanos e grosellas

Lomo de corzo con salsa de arándanos y grosellas

Ingredientes

Un lombo de corzo
100 grs. de arándanos
100 grs. de grosellas
400 grs. de cogomelos
400 grs. ajetes tenros
2 cucharadas de azucre
1 vasiño de vinagre
2 vasos de caldo
1/2 copa de coñac
Sal gordo

Elaboración

Unha hora antes de servir, preparar as salsas da seguinte forma e por separado: Nun cazo, pór unha cucharada sopeira de azucre a quentar. Cando o azucre está dourado, engadir a metade do vinagre, os froitos do bosque (por separado para facer dúas salsas) e un vaso de caldo ou auga. Deixar cocer 10 minutos e engadir o coñac pouco antes de retirar a salsa do lume. Tras a cocción, bater e pasar polo chinés para retirar as pebidas. Introducir na neveira ata que estean mornas.

Reservar arándanos e grosellas para engadir á hora de servir.

Colocar o lombo nunha grella a lume forte para que se doure por fóra e quede zumento por dentro. Xusto antes de servir, cortar o lombo en filetes grosos e engadir entón o sal gordo. Noutra tixola, saltear os cogomelos e os ajetes. Servir a carne xunto coas dúas salsas e a guarnición. A combinación da salsa doce de arándanos coa salsa aceda de grosellas permite acompañar a carne de corzo á prancha e dá moita cor e sabor ao prato.