Verduras e hortalizas da Á a Z:
Lebre

Receitas
Guiso de lebre ao pemento

Ingredientes
Elaboración
Limpar a lebre e cortala en anacos pequenos. Pelar e picar moi pequeniñas as cebolas. Asar os pementos á grella ou no forno, pelalos e cortalos en tiras finas.
Quentar auga nun cazo e escaldar os tomates uns segundos; pelalos, retirar as sementes e cortalos en anacos.
Nunha cazuela, quentar a manteiga e fritir as cebolas picadas. Sazonar con sal e 2 cucharadas de pemento, baixando do lume para que non se queime o pemento. Agregar os anacos de lebre e remover para que se fritan un pouco e collan a cor do pemento. Engadir o vaso de viño tinto, o vaso de auga e a folla de loureiro.
Tapar a cazuela e cocer a lume moi lento durante 2 horas, asperxendo de cando en vez cun pouco de auga ou caldo se se seca o guisado.
Engadir os tomates picados e o pemento ás 2 horas de cocción e deixar cocer durante 20 minutos máis. Rectificar de sal e servir na mesma cazuela.
